O leite que se destina á elaboración de Queixo Tetilla reunirá as seguintes condicións:

I. Non conterá “calostros” nin conservadores ou productos medicamentosos.
II. Terá unha composición cos mínimos siguintes:
  - Proteína 3,1%
  - Graxa 3,5%
  - Extracto seco 8,4%

III. Cumprirá as condicións hixiénico-sanitarias que establece a lexislación vixente.
IV. O leite que se empregue non debe superar ao comezar o proceso de elaboración os 18º Dornic, podendo engadírselle soamente cloruro cálcico (CaCl2).
O Consello Regulador vixiará e controlará as operacións de muxir, conservación, recollida e transporte do leite, podendo dictar normas para que estas operacións se efectúen sen merma da calidade e nas mellores condicións hixiénico-sanitarias. (máis...)
 
Pazo de Quián. Sergude. 15881 Boqueixón (A Coruña). Tlf.: 981 51 17 51