|
Os queixos con denominación de Orixe Protexida destinados ao
consumo irán provistos dunha etiqueta ou contraetiqueta
numerada, expedida polo Consello Regulador, que deberá
ser colocada nos propios locais ou cámaras de maduración
ao remate deste proceso.
Nas etiquetas propias de cada elaborador que se utilicen
nos queixos amparados, figurará obrigatoriamente
de xeito destacado o nome da Denominación de Orixe.
O etiquetado dos queixos con D.O. soamente poderán
circular e ser expedidos polas queixerías e instalacións
inscritas, e en envases autorizados polo Consello Regulador
que non prexudiquen a súa calidade e prestixio.
|